Láminas retrorrefletivas prismáticas

As láminas prismáticas de Avery Dennison para sinais de estrada proporcionarn un nivel de brillo 3 a 4 veces maior que os actuais estándares mínimos. Como? A lámina ten 22.000 microprismas por polgada cadrada, co que ofrece unha maior reflectividade nos ángulos de observación típicos na estrada. Dispoñible en dous graos:


T-7500 Ofrece o máis alto nivel de retrorreflexión e excelente cor durante o día. é a nosa primeira liña de láminas prismáticas aplicable a tódalas estradas de alta velocidade e áreas urbanas onde os niveis máis altos de luz ambiente poden causar que as sinais sexan menos visibles . A lámina T-7500 é ideal para pórticos, bandeirolas, cartelería lateral e sinais direccionais. Os sinais de tráfico feitas con T-7500 proporcionan unha mellor e máis rápida detección do sinal, e unha maior lexibilidade do mesmo.

T-6500 é un grao de alta intensidade o cal ofrece unha alternativa ás láminas de microesferas de alta intensidade con cores máis brillantes durante o día e cun nivel de reflectancia moito maior. A T-6500 prismático de alta intensidade é unha lámina resistente e altamente reflectiva deseñada para o control de tráfico e sinais de código, cartelería lateral, etc

Láminas Retrorrefletivas Microprismáticas especiais

NOTA IMPORTANTE: As láminas microprismáticas de AVERY DENNISON non teñen requisitos de orientación na súa aplicación. Estes materiais garanten un rendemento visual óptimo independentemente de como se fixo o sinal. Isto permite ós fabricantes minimiza-la perda de papel á hora da rotulación de lendas, etc.